Con acento propio - Muuhlloa 13-05-2020

Con acento propio - Muuhlloa 13-05-2020

Valorar a nosa identidade. Incentivar o comercio de proximidade. Fixar poboación e crear emprego no rural. Apoiar as nosas explotacións agroalimentarias. Identificar os produtos da terra coa lingua propia. Incentivar a garantía de orixe do produto. Defender o noso. Estas son as razóns fundamentais da campaña CON ACENTO PROPIO coa que o Foro Peinador, a Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros e a Xunta de Galicia (Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico) pretenden promover un consumo responsable e consciente.