Muuhlloa, cosmética 100% galega realizada con produtos ecolóxicos. Empresa que xorde da sinerxia de Granxa Maruxa e Milhulloa, ambas enraizadas na Ulloa.
Está composta por cinco mulleres que apostan pola viabilidade económica do rural galego, dándolle o valor merecido os produtos autóctonos. Ambas empresas nacen do respecto cara aos animais, o medio ambiente e a tradición artesanal unida ao desexo de innovar no sector.