Utilizamos cookies e outras tecnoloxías para que poidamos mellorar a túa experiencia na nosa web.

Nos

cms-img


MUUHLLOA somos 5 mulleres da comarca da Ulloa. Gandería, agricultura, bioloxía, farmacia, ciencias empresariais, fotografía e artes gráficas danse a man na elaboración da cosmética ecolóxica, natural e sostible.

Un laboratorio de ideas de cosmética elaborada con leite fresco de vacas galegas e extractos vexetais de plantas tradicionais da terra..



MUUHLLOA é unha filosofía de vida que achega valor engadido ás nosas materias primas e fomenta a creación de redes con empresas da contorna.

Unha homenaxe á terra que nos acubilla e aos nosos animais.

  • MUU, de vaca
  • H, de herba
  • LLOA, da nosa comarca de A Ulloa

A nosa Historia

cms-img


Naceu da unión da cooperativa Milhulloa e Granxa Maruxa. Dúas empresas ecolóxicas entusiastas da arte. A estética colorida e a música forman parte da paisaxe do corazón de Galicia desde 2016..

MUUHLLOA, cosmética certificada por bio.inspecta con selo ecológicoEcoPlus.